LABORATORIO INVESTIGACIÓN SECO
O grupo de Ecoloxía Costeira, EcoCost, está composto por un equipo multidisciplinar que centra os seus esforzos de investigación en diferentes liñas moi interrelacionadas entre si, integrando coñecementos, técnicas e metodoloxías procedentes da ecoloxía, a zooloxía, a xestión do marisqueo, a oceanografía e a química e aplicándoas ao medio mariño. O grupo de investigación está a desenvolver tres liñas de investigación principal: ecoloxía de recursos marisqueiros, ecotoxicoloxía e contaminación mariña e ecoloxía bentónica mariña. Máis info.
A ECIMAT conta con dous laboratorios de investigación secos, destinados para experimentos e traballos de investigación que non precisen auga de mar corrente (auga de mar dispoñible en laboratorios anexos). Os laboratorios están acondicionado térmicamente e dispoñen de mesados, andeis, espazo de almacenamento e unha mesa para o mantemento de organismos vivos (mesado de vivos). Este espazo conta com liñas de auga doce e aire. Máis info.