ECIMAT ENTRADA PANTALÁN
A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) é a infraestrutura máis singular do CIM. Ubicada na illa de Toralla, no marxe sur da Ría de Vigo, ofrece instalacións de vangarda a pé de mar e servizos científico/técnicos especializados ao persoal investigador do CIM, a institucións de investigación, ou a calquera entidade pública ou privada interesada na investigación mariña. Debido a súa ubicación e as súas infraestruturas, conta cunha calidade de auga excelente que distribúe a todos os seus laboratorios a tres temperaturas e a diferentes niveis de esterilización e filtración. Os seus laboratorios dispoñen ademais de liñas de aire, osíxeno e auga doce. Máis info.