OLIMPIA VALENCIA ENTRADA
O Edificio Dra. Olimpia Valencia, ubicado no Campus Universitario de Vigo, aloxa algún dos laboratorios do CIM e as infraestruturas do CACTI (Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación) e do CINBIO (Centro de Investigacións Biomédicas). No módulo 7 deste edificio atópanse os seguintes grupos do CIM: o Future Oceans Lab e o Palaeoclimatology Lab do Grupo GEOMA, ubicados no sótano; os laboratorios de Paleomagnetismo, Sedimentoloxía e Oceanografía Xeolóxica do grupo GEOMA e un dos laboratorios do Grupo de Xenómica Comparativa, localizados na entreplanta; e os grupos de Ecoloxía Animal, Ecoloxía Costeira e Oceanografía Biolóxica ubicados na primeira planta. Os grupos do CIM contan con diferentes espazos, tanto de uso común (sala de videoconferencias e sala de refrixeración) como de uso exclusivo para cada grupo.