O CIM abre a súas portas os días 11 e 12 de decembro en formato virtual para celebrar a cuarta edición das xornadas de ‘Ciencia Singular’ para achegar, unha vez máis, a ciencia mariña á sociedade. Este ano poderás coñecer a labor dos investigadores e investigadoras do CIM visitando virtualmente as súas instalacións de investigación nos laboratorios da ECIMAT na Illa de Toralla, e dos edificios Olimpia Valencia, Ciencias Experimentais no Campus de Vigo e do Campus da Auga en Ourense. Durante a visita terás a oportunidade de falar cos científicos e científicas do Centro en directo. Consulta aquí as indicacións para a túa navegación.

Esta actividade está cofinanciada pola Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través do Programa de Axudas para a acreditación, estruturación e mellora dos centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

O noso máis sincero agradecemento a todas as persoas cuxa dedicación e determinación fixo posible a celebración destas xornadas a pesar das difíciles circunstancias deste ano. Agradecémoslle a Ocean Secrets a súa desinteresada contribución.

ECIMAT
OLIMPIA VALENCIA
CIENCIAS EXPERIMENTAIS
CAMPUS DA AUGA