CIENCIAS EXPERIMENTAIS GRUPO QA2
Situado no Campus Universitario de Vigo, o Edificio de Ciencias Experimentais aloxa as Facultades de Ciencias do Mar, Bioloxía e Química, onde o persoal investigador desenvolve a súa actividade docente e investigadora. Neste edificio atópanse os grupos de Análise de Concas Sedimentarias, Bioloxía Ambiental, Biotecnoloxía e Calidade en Industrias Agroalimentarias e Medio Ambiente, Ecoloxía Costeira, Fisioloxía de Peixes, Oceanografía Física, Oceanografía Xeolóxica e Bioxeoquímica, Reproducción dos Moluscos Bivalvos, e Química Analítica Ambiental e Toxicoloxía, ademais dos investigadores individuais Pablo Presa e Pablo Serret.