LABORATORIO INVESTIGACIÓN HÚMIDO
O grupo de Ecoloxía Costeira, EcoCost, está composto por un equipo multidisciplinar que centra os seus esforzos de investigación en diferentes liñas moi interrelacionadas entre si, integrando coñecementos, técnicas e metodoloxías procedentes da ecoloxía, a zooloxía, a xestión do marisqueo, a oceanografía e a química e aplicándoas ao medio mariño. O grupo de investigación está a desenvolver tres liñas de investigación principal: ecoloxía de recursos marisqueiros, ecotoxicoloxía e contaminación mariña e ecoloxía bentónica mariña. Máis info.
A ECIMAT conta con dous laboratorios de investigación húmidos, destinados para experimentos e traballos de investigación que precisen auga de mar corrente. Os laboratorios están equipados para o traballo con organismos mariños, acondicionados térmicamente e dispoñen de canlóns de desaugadoiro, mesados, tanques e caixas de diferentes volumes e materiais así como subministro de aire, osíxeno, auga doce, e auga de mar filtrada a 1 e 20 micras a 13 e 18 ºC de temperatura. Máis info.