GRUPO DE XEOLOXÍA MARIÑA E AMBIENTAL
Se centra no estudo dos sedimentos mariños para afondar no coñecemento da circulación oceánica e a evolución do clima nos últimos 2 millóns anos e a súas implicacións para o quecemento global e a variabilidade climática. Outra área de interese e a xestión integrada da zona costeira, na que investiga diferentes aspectos do impacto ambiental, a contaminación e os riscos xeolóxicos mariños, e a enxeñaría de costas con especial énfase na comprensión ampla da dinámica das rías galegas. Outras áreas de traballo inclúen a Tectónica de Placas e os recursos xeolóxicos mariños. O grupo e unha referencia no desenvolvemento da ciencia mariña desde a perspectiva de Ciencias Terra en Galicia, estando moi implicado no seguimento a longo prazo dos efectos do naufraxio do Prestige, no estudo da estrutura do Gran Burato ou na construción do emisario da EDAR Lagares. Máis info.
O Palaeoclimatology Lab ten como obxectivo o rexistro paleoclimático dos últimos millóns de anos para determinar cuantitativamente o ritmo, a magnitude e a taxa de cambio climático oceánico no pasado e as relacións entre forzamento, retroalimentacións e respostas de sistema climático baixo condicións naturais (non antropoxénicas). Máis info.
O grupo dispón de varios laboratorios equipados para o estudo e análise das propiedades físicas e a composición dos sedimentos e para a análise de elementos trazas e isótopos estables en mostras de foraminíferos, que utiliza en conxunción con grandes equipamentos da Universidade de Vigo.
Instalación punteira a nivel nacional no referente ao estudo da variación do campo magnético terrestre no pasado e as súas implicacións a nivel xeolóxico, arqueolóxico e ambiental. Dispón dun espazo apantallado que anula o campo magnético terrestre, onde facer medidas moi precisas. Máis info.
Plataforma multiusos para a realización de estudos oceanográficos en zonas costeiras, desenvolvida nunha embarcación neumática de 8.5 m, que permite operar de xeito seguro, flexible e con baixo custo operativo (zonas rochosas, porto ...). Está equipada cunha sonda de multifeixe, unha sonda de varrido lateral e unha sonda paramétrica; e ten a capacidade de extraer sedimentos do fondo mariño. Máis info.