GRUPO DE ECOLOXÍA ANIMAL
O Grupo de Ecoloxía Animal (GEA) está formado por un equipo interdisciplinar sobre a ecoloxía de animais abordando dende una perspectiva multidisplinar aspectos da sua ecoloxía, evolución e o seu papel no ecosistema e aspectos aplicados como o uso de animais no biotratamento de residuos orgánicos. Entre as liñas que desenvolve dentro do ámbito mariño, atópase o estudo do comportamento e as estratexias vitais de peixes e aves mariñas, e da súa conservación na fauna. O grupo GEA leva a cabo a súa investigación mariña entre o Laboratorio de Ecoloxía do Comportamento e o Laboratorio de Peixes. Máis info.
O Laboratorio do grupo de Ecoloxía Animal está dividido en 6 salas: unha zona aberta de traballo, 4 despachos, e o laboratorio de mostras, que dispón de varias mesas para o traballo cos equipos necesarios para a preparación e análise de mostras por espectrofotometría e por técnicas moleculares, entre os que destaca a Q-PCR.