GRUPO FUTURE OCEANS LAB
O Grupo Future Oceans Lab centra a súa investigación na búsqueda de solucións para a adaptación da pesca aos impactos provocados polo cambio climático. Trátase dun equipo multidisciplinar que combina metodoloxías das ciencias naturais, sociais e económicas para comprender os impactos do cambio climático sobre a pesca e diferentes ecosistemas mariños como as áreas mariñas protexidas. A súa investigación busca solucións intelixentes para a sostenibilidade futura dos océanos que permitan unha xestión sostible a longo prazo, ademais de axudar a lograr un intercambio equitativo de recursos e o apoio aos medios de vida. Máis info.