SALA DE MOLUSCOS
O grupo de Xenética de Poboacións e Citoxenética (XB2) ten como obxectivo principal entender a variación e estructura xenética de distintas poboacións de organismos mariños e as consecuencias funcionais destas variacións, co fin de coñecer os procesos de adaptación e formación de especies no medio mariño, a elaboración de plans de manexo e xestión destes recursos, e a comprensión das consecuencias do cambio climático sobre eles. O grupo XB2 estudia ademais a bioloxía reproductiva dos organismos mariños para afondar no coñecemento dos procesos de illamento reproductivo e a formación de especies e implementar programas de mellora xenética. Máis info.
Laboratorio de 20 m2 destinado ao cultivo de moluscos equipado dunha estantería con caixas de 50 L para o mantemento e acondicionamento de reproductores e o cultivo de postlarvas, nove tanques cilindrocónicos de 150 L para cultivos larvarios, un semilleiro con capacidade para 12 tambores de semente, e tres bombas dosificadoras de alimento. A sala dispón de subministro de osíxeno, aire, auga doce e auga de mar filtrada ata 1 micra a 13 e 18 ºC. Máis info.
A Unidade de Recursos Biolóxicos e Cultivos Mariños (UCM), cultiva, mantén e subministra ao persoal investigador organismos mariños cultivados, como son diferentes especies de moluscos, peixes ou equinodermos, organismos considerados modelo, cultivos auxiliares e organismos de colección. A UCM subministra así mesmo organismos recollidos do medio natural, xestionando todos os permisos necesarios, medios de cultivo para microalgas, diferentes tipos de auga de laboratorio e auga de mar sometida a diferentes tratamentos de filtración , esterilización e acondicionamento térmico. Máis info.