SALA DE ALGAS
O grupo de Oceanografía Biolóxica estuda os mecanismos que determinan a estrutura, diversidade, e funcionamento das comunidades microbianas mariñas, bacterias e fitoplancton, e o acoplamento entre procesos hidrodinámicos e o plancto microbiano mariño, co fin de entender as respostas fisiolóxicas e ecolóxicas do plancton aos factores ambientais, incluído o cambio global. Máis info.
Na ECIMAT existen dúas salas de microalgas, para cepas e produción masiva, e dúas salas de zooplancto, para Rotíferos e Artemia. As salas de microalgas están acondicionadas térmicamente, posúen control da intensidade de luz e fotoperiodo e contan con subministro de aire filtrado e CO2. A sala de mantenza do cepario está equipada dunha cabina de fluxo laminar, andeis de cultivo e tódolos elementos necesarios para a mantenza da colección. A sala de produción conta de 12 bolsas de 50 L e un Fotobiorreactor (FBR) tubular de 480 L. Ambas salas de zooplancto están acondicionadas térmicamente, dispoñen de sistemas automáticos de dosificación de alimento, liñas de osíxeno, aire, auga doce e auga de mar. A sala de Rotíferos posúe 4 cepas distintas e está equipada con 6 tanques de produción de 500 L mentres que a sala de Artemia está equipada con 6 tanques de produción de 50 L e 4 de 350 L. Máis info.