GRUPO EPHYSLAB
O Ephyslab (Environmental Physics Laboratory) é un equipo de investigación multidisciplinar da Universidad de Vigo formado por investigadores en Física da Atmósfera e do Océano e Enxeñería Informática, enmarcados na Facultade de Ciencias e na Escola de Enxeñería Aeroespacial en Ourense. As súas liñas principais de investigación enmárcanse no campo do medioambiente, englobando aspectos como a análise das fontes de humidade, o estudo de eventos extremos como as inundacións ou sequías, a análise das diferentes facetas do cambio climático ou as enerxías renovables. Máis info.